Portada de Voces de Ferrol - RadioVoz

Lidia India presenta este sábado en Ferrol Vello o segundo capítulo do seu disco “A galiña, ou toxo e o río”

· 15 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

A cantante e compositora ferrolá Lidia India actúa este sabado ás 21:00 horas no marco das Xornadas Ventos de Bacallau en Ferrol Vello, onde presentará en directo o segundo capítulo do seu traballo discográfico “A galiña, ou toxo e o río” Tras o lanzamento do primeiro tema, Galiña vella, a artista completa agora o segundo bloque do disco con dúas novas cancións, Toxo e Vale a pena, que serán interpretadas por primeira vez sobre o escenario. Ambas as pezas mergullan con ironía, emoción e mirada poética nas pequenas vertixes cotiás. Toxo é un retrato divertido e algo salvaxe desa ferocidade matutina que aparece antes do primeiro café. Nela, Lidia descríbese con humor como un toxo: punzante e arisco ao espertar, pero tamén capaz de florecer co tempo. O tema fusiona ritmos de muiñeira con influencias afrobrasileñas, e chega acompañado dun videoclip dirixido por Omar Romero. Pola súa banda, Vale a pena ofrece unha mirada máis íntima. Con aires de xota e toques de chacarera, é unha oda ao valor de arriscarse, de atreverse a querer, a mollarse aínda que nada estea asegurado. Unha canción que convida a sentir intensamente, porque “ás veces mollarse é a única forma de sentirse viva”. O proxecto conta con Juan de Dios na produción musical, César Yáñez ao buzuki e Pedro Montilla ao violín, nunha proposta sonora que mestura raíz e vangarda. Lidia India continúa consolidando unha voz propia dentro da escena galega, cunha proposta artística que enlaza o ancestral co contemporáneo, e onde conviven as sonoridades do mundo coa emoción profunda das súas vivencias persoais.

Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

  1. MASCOTAS: Marta Murillo resuelve dudas sobre la dieta BARF, la alimentación de los gatos y el baño de los perros

    28 de octubre de 2026 · 15 min

  2. Alex Bellas protagoniza esta semana Músicas de Ferrolterra con su pop-rock emocional. Hoy suena: Infinito

    28 de octubre de 2026 · 10 min

  3. O Rueiro de Ares celebra o Magosto-Samaín con calacús, música tradicional e unha queimada popular

    28 de octubre de 2026 · 10 min

  4. El Nachiños Fest de Ferrol conquista México y cierra con éxito su primera experiencia internacional

    28 de octubre de 2026 · 22 min

  5. Narón estrena Incluson, un festival del Camino Inglés que apuesta por la música accesible y la inclusión

    28 de octubre de 2026 · 12 min