# Lidia India presenta este sábado en Ferrol Vello o segundo capítulo do seu disco “A galiña, ou toxo e o río”

Episodio de [Voces de Ferrol - RadioVoz](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz).

- Publicado: 4 de julio de 2025
- Duración: 15 min
- Audio: https://www.ivoox.com/lidia-india-presenta-este-sabado-ferrol-vello_mf_151771218_feed_1.mp3
- Página: https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3600272-lidia-india-presenta-este-sabado-en-ferrol-vello-o-segundo-capitulo-do-seu-disco

## Sobre este episodio

A cantante e compositora ferrolá Lidia India actúa este sabado ás 21:00 horas no marco das Xornadas Ventos de Bacallau en Ferrol Vello, onde presentará en directo o segundo capítulo do seu traballo discográfico “A galiña, ou toxo e o río” Tras o lanzamento do primeiro tema, Galiña vella, a artista completa agora o segundo bloque do disco con dúas novas cancións, Toxo e Vale a pena, que serán interpretadas por primeira vez sobre o escenario. Ambas as pezas mergullan con ironía, emoción e mirada poética nas pequenas vertixes cotiás. Toxo é un retrato divertido e algo salvaxe desa ferocidade matutina que aparece antes do primeiro café. Nela, Lidia descríbese con humor como un toxo: punzante e arisco ao espertar, pero tamén capaz de florecer co tempo. O tema fusiona ritmos de muiñeira con influencias afrobrasileñas, e chega acompañado dun videoclip dirixido por Omar Romero. Pola súa banda, Vale a pena ofrece unha mirada máis íntima. Con aires de xota e toques de chacarera, é unha oda ao valor de arriscarse, de atreverse a querer, a mollarse aínda que nada estea asegurado. Unha canción que convida a sentir intensamente, porque “ás veces mollarse é a única forma de sentirse viva”. O proxecto conta con Juan de Dios na produción musical, César Yáñez ao buzuki e Pedro Montilla ao violín, nunha proposta sonora que mestura raíz e vangarda. Lidia India continúa consolidando unha voz propia dentro da escena galega, cunha proposta artística que enlaza o ancestral co contemporáneo, e onde conviven as sonoridades do mundo coa emoción profunda das súas vivencias persoais.

Anterior: [O Festival do Río Castro celebra os seus 30 anos cunha xornada de música, tradición e humor en Narahío](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3600273-o-festival-do-rio-castro-celebra-os-seus-30-anos-cunha-xornada-de-musica-e-humor)
Siguiente: [Alberto Amigo vuelve a Músicas de Ferrolterra con "Algunos cabos sueltos" de TLV. Hoy:Nueva declaración de Independencia](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3600271-alberto-amigo-vuelve-a-musicas-de-ferrolterra-con-algunos-cabos-sueltos-de-tlv)

## Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

- [Radio Voz emitió Voces de Ferrol desde el Campus de Esteiro para acercar a sus oyentes la cuarta edición de FESTALENT](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147007629-radio-voz-emitio-voces-de-ferrol-desde-el-campus-de-esteiro-para-acercar-a-sus) · 29 de octubre de 2026 · 1 h 39 min
- [MASCOTAS: Marta Murillo resuelve dudas sobre la dieta BARF, la alimentación de los gatos y el baño de los perros](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/146996398-mascotas-marta-murillo-resuelve-dudas-sobre-la-dieta-barf-la-alimentacion-de-los) · 28 de octubre de 2026 · 15 min
- [Alex Bellas protagoniza esta semana Músicas de Ferrolterra con su pop-rock emocional. Hoy suena: Infinito](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/146996399-alex-bellas-protagoniza-esta-semana-musicas-de-ferrolterra-con-su-pop-rock-hoy) · 28 de octubre de 2026 · 10 min
- [O Rueiro de Ares celebra o Magosto-Samaín con calacús, música tradicional e unha queimada popular](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/146996400-o-rueiro-de-ares-celebra-o-magosto-samain-con-calacus-musica-tradicional-e-unha) · 28 de octubre de 2026 · 10 min
- [El Nachiños Fest de Ferrol conquista México y cierra con éxito su primera experiencia internacional](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/146996401-el-nachinos-fest-de-ferrol-conquista-mexico-y-cierra-con-exito-su-primera) · 28 de octubre de 2026 · 22 min
