A EOI de Ferrol súmase aos Erasmus Days para promover a aprendizaxe de linguas e o intercambio cultural
Sobre este episodio
A Escola Oficial de Idiomas de Ferrol (EOI Ferrol) sumouse esta semana á celebración dos Erasmus Days, unha iniciativa internacional que promove as oportunidades e os beneficios do programa Erasmus+. A décima edición desta celebración desenvólvese do 12 ao 17 de outubro e convida persoas e institucións de todo o mundo a organizar e participar en actividades para dar a coñecer os proxectos de mobilidade, aprendizaxe e cooperación que ofrece este programa europeo. Os Erasmus Days constitúen unha oportunidade para achegar Erasmus+ ao alumnado, ao profesorado e á cidadanía en xeral, destacando o seu papel no intercambio cultural, na aprendizaxe de linguas e na creación de novas experiencias educativas e profesionais.