Canido homenaxea este venres a Rafa Aguirrebengoa polo seu compromiso social, sindical na defensa dos dereitos humanos
Sobre este episodio
As entidades do barrio ferrolán de Canido renderán homenaxe este venres, 16 de outubro, a Rafael Aguirrebengoa, falecido o pasado mes de xullo. O acto celebrarase ás oito da tarde no Centro Cívico de Canido e está organizado pola ASC Muíño do Vento, a Asociación Veciñal de Canido e a Sociedade Recreativa e Deportiva de Canido. A convocatoria servirá para lembrar a Rafa tanto na súa dimensión persoal e familiar como polo seu compromiso coa loita sindical e social, a difusión da cultura, a defensa da paz e dos dereitos humanos e dos pobos. Tamén se destacará a súa postura crítica fronte ao xenocidio que sofre o pobo palestino. As entidades organizadoras convidan a veciñanza, a cidadanía e os colectivos da cidade a participar nesta homenaxe colectiva.