Portada de Voces de Ferrol - RadioVoz

Asfedro celebra o seu 40 aniversario abordando nunha xornada pasado, presente e futuro da atención ás adiccións

· 18 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

A Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro) inicia as celebracións do seu 40 aniversario cunha xornada titulada Pasado, presente e futuro da atención ás adiccións, que terá lugar o 24 de abril na sala Curuxeiras. O evento, que marca o comezo dunha programación especial ao longo do ano, abordará a evolución histórica e os tratamentos das adiccións, así como os retos actuais e futuros relacionados co consumo de drogas, a través de dúas mesas redondas con profesionais do sector. Sari Alabou, presidenta de Asfedro, destacou o labor dos fundadores da entidade, “pioneiros” que iniciaron o proxecto sen un coñecemento profundo sobre as adiccións. Alabou anunciou que se irán desvelando máis actos conmemorativos ao longo do ano para visibilizar o traballo de Asfedro. Pola súa banda, Helena Ínsua, traballadora social da entidade, agradeceu a colaboración do Concello e subliñou a transformación dos perfís de usuarios, con novas adiccións sen abuso de substancias, un tema que se tratará na xornada. Ínsua tamén recoñeceu o traballo dos alumnos do ciclo de Artes Gráficas do IES Leixa polo deseño do cartel do evento. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través dun formulario en liña, chamando ao 981 37 21 12 ou enviando un correo a administracion@asfedro.org (mailto:administracion@asfedro.org).

Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

  1. SECCIÓN TIC: Luis Rey ofrece consejos para proteger el móvil del frío, ahorrar en calefacción y mejorar el descanso

    2 de noviembre de 2026 · 12 min

  2. Ánxela Loureiro visita esta semana Músicas de Ferrolterra presentando o libro Cancións para o ano. Hoxe: A Silva no Chan

    2 de noviembre de 2026 · 14 min

  3. Cedeira abre a inscrición para 4 rutas gratuítas que descubrirán o patrimonio marítimo e a identidade mariñeira local

    2 de noviembre de 2026 · 12 min

  4. O Teatro Jofre estrea «A Culpa», un thriller de María Solar que une teatro e música en directo da Sinfónica de Galicia

    2 de noviembre de 2026 · 18 min

  5. Ferrol estrena una aplicación móvil para comunicar desperfectos en calles y mobiliario urbano y agilizar su reparación

    2 de noviembre de 2026 · 10 min