# Asfedro celebra o seu 40 aniversario abordando nunha xornada pasado, presente e futuro da atención ás adiccións

Episodio de [Voces de Ferrol - RadioVoz](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz).

- Publicado: 22 de abril de 2025
- Duración: 18 min
- Audio: https://www.ivoox.com/asfedro-celebra-o-seu-40-aniversario-abordando-nunha_mf_145393210_feed_1.mp3
- Página: https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3600577-asfedro-celebra-o-seu-40-aniversario-abordando-nunha-xornada-pasado-presente-e

## Sobre este episodio

A Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro) inicia as celebracións do seu 40 aniversario cunha xornada titulada Pasado, presente e futuro da atención ás adiccións, que terá lugar o 24 de abril na sala Curuxeiras. O evento, que marca o comezo dunha programación especial ao longo do ano, abordará a evolución histórica e os tratamentos das adiccións, así como os retos actuais e futuros relacionados co consumo de drogas, a través de dúas mesas redondas con profesionais do sector. Sari Alabou, presidenta de Asfedro, destacou o labor dos fundadores da entidade, “pioneiros” que iniciaron o proxecto sen un coñecemento profundo sobre as adiccións. Alabou anunciou que se irán desvelando máis actos conmemorativos ao longo do ano para visibilizar o traballo de Asfedro. Pola súa banda, Helena Ínsua, traballadora social da entidade, agradeceu a colaboración do Concello e subliñou a transformación dos perfís de usuarios, con novas adiccións sen abuso de substancias, un tema que se tratará na xornada. Ínsua tamén recoñeceu o traballo dos alumnos do ciclo de Artes Gráficas do IES Leixa polo deseño do cartel do evento. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través dun formulario en liña, chamando ao 981 37 21 12 ou enviando un correo a administracion@asfedro.org (mailto:administracion@asfedro.org).

Anterior: [FERROLANOS POR EL MUNDO: Fran Sequeiro de la Asociacion Xeración descubre las oportunidades de viajes para gente jóven](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3600578-ferrolanos-por-el-mundo-fran-sequeiro-de-la-asociacion-xeracion-descubre-las-de)
Siguiente: [La Feria del Libro de Ferrol arranca este viernes con el pregón de la escritora Anabel Bello Platas](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3600576-la-feria-del-libro-de-ferrol-arranca-este-viernes-con-el-pregon-de-la-escritora)

## Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

- [SECCIÓN TIC: Luis Rey ofrece consejos para proteger el móvil del frío, ahorrar en calefacción y mejorar el descanso](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147048467-seccion-tic-luis-rey-ofrece-consejos-para-proteger-el-movil-del-frio-ahorrar-en) · 2 de noviembre de 2026 · 12 min
- [Ánxela Loureiro visita esta semana Músicas de Ferrolterra presentando o libro Cancións para o ano. Hoxe: A Silva no Chan](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147048468-anxela-loureiro-visita-esta-semana-musicas-de-ferrolterra-presentando-o-libro-o) · 2 de noviembre de 2026 · 14 min
- [Cedeira abre a inscrición para 4 rutas gratuítas que descubrirán o patrimonio marítimo e a identidade mariñeira local](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147048469-cedeira-abre-a-inscricion-para-4-rutas-gratuitas-que-descubriran-o-patrimonio-e) · 2 de noviembre de 2026 · 12 min
- [O Teatro Jofre estrea «A Culpa», un thriller de María Solar que une teatro e música en directo da Sinfónica de Galicia](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147048470-o-teatro-jofre-estrea-a-culpa-un-thriller-de-maria-solar-que-une-teatro-e-musica) · 2 de noviembre de 2026 · 18 min
- [Ferrol estrena una aplicación móvil para comunicar desperfectos en calles y mobiliario urbano y agilizar su reparación](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147048471-ferrol-estrena-una-aplicacion-movil-para-comunicar-desperfectos-en-calles-y-y-su) · 2 de noviembre de 2026 · 10 min
