O escritor Rober Cagiao presenta a novela "A dama de Anboto", un thriller de misterio e acción entre Galicia e Euskadi
Sobre este episodio
O escritor galego Rober Cagiao presenta a súa nova novela, A dama de Anboto, un thriller que mestura acción, misterio e mitoloxía vasca coa Galicia máis rural. A trama arrinca coa desaparición de dúas irmás durante un solsticio de verán, a presenza dunha cova lendaria habitada pola deusa Mari e a aparición dun cadáver en Portomarín sete anos despois, o que desencadea unha investigación que viaxa entre Galicia e Euskadi para descubrir segredos agochados durante décadas. A obra, dispoñible en galego por Calacán Editora e en castelán por VR Europa desde o 2 de xuño, é a 15ª publicación de Rober Cagiao, que leva anos levando lendas e suspense por toda España. As presentacións e sesións de sinaturas serán en Narón, o xoves 5 de xuño ás 19:00 horas na Librería Day, e en Ferrol, o sábado 7 de xuño ás 12:00 horas na Central Librera Real. “A dama de Anboto” é un relato onde crime, mitos e emocións se entrelazan nunha viaxe entre a realidade e o sobrenatural.