Portada de Voces de Ferrol - RadioVoz

Teima Down e Áurega testean a Ruta Universal do Campus de Ferrol para facer a ciencia accesible a todas as capacidades

· 19 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

A pasada semana, un grupo de persoas usuarias da Asociación Teima Down e nenos e nenas con altas capacidades da Asociación Áurega participaron na primeira proba da “Ruta Universal polo Campus Industrial de Ferrol”, unha iniciativa pioneira que busca achegar a ciencia a toda a sociedade, sen importar as súas capacidades. Esta proposta de divulgación científica pretende garantir a accesibilidade cognitiva, sensorial e física aos espazos máis relevantes da Universidade da Coruña (UDC) en Ferrol. A ruta, deseñada ao longo do último ano por profesorado, persoal investigador e alumnado do Campus Industrial, baséase nos principios do Deseño Universal (DU). A súa finalidade é ofrecer visitas comprensibles e enriquecedoras ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e á Facultade de Enfermaría e Podoloxía. O proxecto está co-financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e liderado pola profesora Ana Ares da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI). Durante a xornada de validación, os participantes percorreron distintos laboratorios —como o de Enxeñaría Mecánica, Mecánica de Fluídos, Plásticos e o Canal de Ensaios Hidrodinámicos—, poñendo a proba o material divulgativo elaborado: paneis explicativos, xogos, vídeos con subtítulos e lingua de signos, e folletos adaptados para antes e despois da visita. A sinalización mediante códigos QR con acceso a contidos accesibles foi un dos elementos máis valorados. A experiencia piloto arrincou no Laboratorio de Plásticos, grazas ao traballo colaborativo entre estudantes da EUDI, investigadores do Grupo de Polímeros e persoas usuarias de Teima Down e ASPANAES. A partir dese modelo, fóronse adaptando outros espazos, sempre co acompañamento e asesoramento de entidades como AXF Ferrolterra, Teima Down Ferrol e ASPANAES. Desde setembro, a Universidade da Coruña abrirá a ruta ao público xeral, convidando a asociacións e centros educativos de toda Galicia a coñecer de preto a investigación que se realiza no campus ferrolán, a través dun mapa interactivo e visitas guiadas que xa poden ser solicitadas. Este proxecto converte o Campus Industrial de Ferrol nun referente en inclusión e accesibilidade dentro da divulgación científica universitaria.

Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

  1. RUTAS SIN GPS: Esta semana Xan Ramírez nos lleva por el Rego de Graña y el río Covés, en Pontedeume

    30 de octubre de 2026 · 19 min

  2. Alex Bellas protagoniza esta semana Músicas de Ferrolterra con su pop-rock emocional. Hoy suena: Criminal

    30 de octubre de 2026 · 11 min

  3. El guitarrista ferrolano Carlos Campoy recurre al micromecenazgo para hacer realidad su nuevo álbum, "Echoes of Fantasy"

    30 de octubre de 2026 · 17 min

  4. Ferrol activa un dispositivo especial de tráfico en el acceso al cementerio de Catabois por Todos los Santos y Difuntos

    30 de octubre de 2026 · 8 min

  5. A ONG Briegal viaxa a Perú para culminar a creación dun equipo binacional de rescate en inundacións

    30 de octubre de 2026 · 15 min