# Teima Down e Áurega testean a Ruta Universal do Campus de Ferrol para facer a ciencia accesible a todas as capacidades

Episodio de [Voces de Ferrol - RadioVoz](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz).

- Publicado: 7 de julio de 2025
- Duración: 19 min
- Audio: https://www.ivoox.com/teima-down-e-aurega-testean-a-ruta-universal_mf_151961986_feed_1.mp3
- Página: https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3600267-teima-down-e-aurega-testean-a-ruta-universal-do-campus-de-ferrol-para-facer-a-a

## Sobre este episodio

A pasada semana, un grupo de persoas usuarias da Asociación Teima Down e nenos e nenas con altas capacidades da Asociación Áurega participaron na primeira proba da “Ruta Universal polo Campus Industrial de Ferrol”, unha iniciativa pioneira que busca achegar a ciencia a toda a sociedade, sen importar as súas capacidades. Esta proposta de divulgación científica pretende garantir a accesibilidade cognitiva, sensorial e física aos espazos máis relevantes da Universidade da Coruña (UDC) en Ferrol. A ruta, deseñada ao longo do último ano por profesorado, persoal investigador e alumnado do Campus Industrial, baséase nos principios do Deseño Universal (DU). A súa finalidade é ofrecer visitas comprensibles e enriquecedoras ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e á Facultade de Enfermaría e Podoloxía. O proxecto está co-financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e liderado pola profesora Ana Ares da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI). Durante a xornada de validación, os participantes percorreron distintos laboratorios —como o de Enxeñaría Mecánica, Mecánica de Fluídos, Plásticos e o Canal de Ensaios Hidrodinámicos—, poñendo a proba o material divulgativo elaborado: paneis explicativos, xogos, vídeos con subtítulos e lingua de signos, e folletos adaptados para antes e despois da visita. A sinalización mediante códigos QR con acceso a contidos accesibles foi un dos elementos máis valorados. A experiencia piloto arrincou no Laboratorio de Plásticos, grazas ao traballo colaborativo entre estudantes da EUDI, investigadores do Grupo de Polímeros e persoas usuarias de Teima Down e ASPANAES. A partir dese modelo, fóronse adaptando outros espazos, sempre co acompañamento e asesoramento de entidades como AXF Ferrolterra, Teima Down Ferrol e ASPANAES. Desde setembro, a Universidade da Coruña abrirá a ruta ao público xeral, convidando a asociacións e centros educativos de toda Galicia a coñecer de preto a investigación que se realiza no campus ferrolán, a través dun mapa interactivo e visitas guiadas que xa poden ser solicitadas. Este proxecto converte o Campus Industrial de Ferrol nun referente en inclusión e accesibilidade dentro da divulgación científica universitaria.

Anterior: [Cazolitos, o ollo do rural: Esmelle recupera a memoria visual de Ferrolterra nunha emotiva exposición fotográfica](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3600268-cazolitos-o-ollo-do-rural-esmelle-recupera-a-memoria-visual-de-ferrolterra-nunha)
Siguiente: [Ares, epicentro de la fotografía de larga exposición con el Congreso LEA VIII organizado por Fotografía Ferrolterra](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3600266-ares-epicentro-de-la-fotografia-de-larga-exposicion-con-el-congreso-lea-viii-por)

## Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

- [RUTAS SIN GPS: Esta semana Xan Ramírez nos lleva por el Rego de Graña y el río Covés, en Pontedeume](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018837-rutas-sin-gps-esta-semana-xan-ramirez-nos-lleva-por-el-rego-de-grana-y-el-rio-en) · 30 de octubre de 2026 · 19 min
- [Alex Bellas protagoniza esta semana Músicas de Ferrolterra con su pop-rock emocional. Hoy suena: Criminal](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018838-alex-bellas-protagoniza-esta-semana-musicas-de-ferrolterra-con-su-pop-rock-hoy) · 30 de octubre de 2026 · 11 min
- [El guitarrista ferrolano Carlos Campoy recurre al micromecenazgo para hacer realidad su nuevo álbum, "Echoes of Fantasy"](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018839-el-guitarrista-ferrolano-carlos-campoy-recurre-al-micromecenazgo-para-hacer-su) · 30 de octubre de 2026 · 17 min
- [Ferrol activa un dispositivo especial de tráfico en el acceso al cementerio de Catabois por Todos los Santos y Difuntos](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018840-ferrol-activa-un-dispositivo-especial-de-trafico-en-el-acceso-al-cementerio-de-y) · 30 de octubre de 2026 · 8 min
- [A ONG Briegal viaxa a Perú para culminar a creación dun equipo binacional de rescate en inundacións](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018841-a-ong-briegal-viaxa-a-peru-para-culminar-a-creacion-dun-equipo-binacional-de-en) · 30 de octubre de 2026 · 15 min
