Portada de Voces de Ferrol - RadioVoz

Sedes acolle o 1º Encontro de Cantos de Taberna coa participación de grupos da comarca e entrada gratuita

· 15 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza este sábado 11 de outubro o primeiro Encontro de Cantos de Taberna de Sedes, unha cita coa música tradicional que reunirá no Centro Cívico Social de Sedes a tres agrupacións da comarca. A xornada comezará ás 19:30 horas coa actuación de Cantando afóganse as penas, procedentes de San Sadurniño, que ofrecerán un repertorio popular e cheo de humor. A continuación seguirá Son de Cantos, de Fene, baixo a dirección de Diego Maceiras, cun percorrido por distintos ritmos e melodías do acervo musical local. Pechará o encontro Os Cantos de Taberna de Sedes, agrupación anfitrioa da A.C. Vai Rañala Meu!, que interpretará foliadas, xotas, muiñeiras e pasodobres, creando un ambiente ideal para o baile e a festa. A entrada é libre e gratuita. Desde a organización invitan a toda a cidadanía e aos amantes da tradición galega a gozar dunha tarde de música, canto e convivencia. A actividade conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

  1. RUTAS SIN GPS: Esta semana Xan Ramírez nos lleva por el Rego de Graña y el río Covés, en Pontedeume

    30 de octubre de 2026 · 19 min

  2. Alex Bellas protagoniza esta semana Músicas de Ferrolterra con su pop-rock emocional. Hoy suena: Criminal

    30 de octubre de 2026 · 11 min

  3. El guitarrista ferrolano Carlos Campoy recurre al micromecenazgo para hacer realidad su nuevo álbum, "Echoes of Fantasy"

    30 de octubre de 2026 · 17 min

  4. Ferrol activa un dispositivo especial de tráfico en el acceso al cementerio de Catabois por Todos los Santos y Difuntos

    30 de octubre de 2026 · 8 min

  5. A ONG Briegal viaxa a Perú para culminar a creación dun equipo binacional de rescate en inundacións

    30 de octubre de 2026 · 15 min