Portada de Voces de Ferrol - RadioVoz

A enfermidade renal crónica que xa afecta ao 15% da poboación avanza en silencio: alerta no 12M - Día Mundial do Ril

· 24 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

O 12 de marzo conmemórase o Día Mundial do Ril, unha data que cumpre 20 anos poñendo o foco nun problema sanitario cada vez máis presente: a enfermidade renal crónica. Segundo explicou en Radio Voz o presidente de Alcer, Rafael Rodríguez, esta patoloxía afecta xa ao 15% da poboación española e podería converterse na quinta causa de mortalidade en 2040 se continúa a tendencia actual. En Galicia, milleiros de persoas conviven con esta enfermidade e só en 2024 máis de 2.000 pacientes iniciaron tratamento renal substitutivo, mentres outras tantas persoas recibiron un transplante. Porén, máis do 40% dos casos están sen diagnosticar, xa que o ril non adoita dar síntomas ata fases avanzadas. Durante o programa tamén participou Mariluz Pumar, elixida Muller do Ano en Narón 2026, quen leva máis de tres décadas convivindo coa enfermidade e 25 anos en hemodiálise. A súa historia converteuse nun exemplo de superación e visibiliza a importancia da prevención, os controis médicos e a doazón de órganos.

Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

  1. SECCIÓN TIC: Luis Rey ofrece consejos para proteger el móvil del frío, ahorrar en calefacción y mejorar el descanso

    2 de noviembre de 2026 · 12 min

  2. Ánxela Loureiro visita esta semana Músicas de Ferrolterra presentando o libro Cancións para o ano. Hoxe: A Silva no Chan

    2 de noviembre de 2026 · 14 min

  3. Cedeira abre a inscrición para 4 rutas gratuítas que descubrirán o patrimonio marítimo e a identidade mariñeira local

    2 de noviembre de 2026 · 12 min

  4. O Teatro Jofre estrea «A Culpa», un thriller de María Solar que une teatro e música en directo da Sinfónica de Galicia

    2 de noviembre de 2026 · 18 min

  5. Ferrol estrena una aplicación móvil para comunicar desperfectos en calles y mobiliario urbano y agilizar su reparación

    2 de noviembre de 2026 · 10 min