# A enfermidade renal crónica que xa afecta ao 15% da poboación avanza en silencio: alerta no 12M - Día Mundial do Ril

Episodio de [Voces de Ferrol - RadioVoz](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz).

- Publicado: 9 de marzo de 2026
- Duración: 24 min
- Audio: https://www.ivoox.com/a-enfermidade-renal-cronica-xa-afecta-ao_mf_169776014_feed_1.mp3
- Página: https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3597547-a-enfermidade-renal-cronica-que-xa-afecta-ao-15-da-poboacion-avanza-en-silencio

## Sobre este episodio

O 12 de marzo conmemórase o Día Mundial do Ril, unha data que cumpre 20 anos poñendo o foco nun problema sanitario cada vez máis presente: a enfermidade renal crónica. Segundo explicou en Radio Voz o presidente de Alcer, Rafael Rodríguez, esta patoloxía afecta xa ao 15% da poboación española e podería converterse na quinta causa de mortalidade en 2040 se continúa a tendencia actual. En Galicia, milleiros de persoas conviven con esta enfermidade e só en 2024 máis de 2.000 pacientes iniciaron tratamento renal substitutivo, mentres outras tantas persoas recibiron un transplante. Porén, máis do 40% dos casos están sen diagnosticar, xa que o ril non adoita dar síntomas ata fases avanzadas. Durante o programa tamén participou Mariluz Pumar, elixida Muller do Ano en Narón 2026, quen leva máis de tres décadas convivindo coa enfermidade e 25 anos en hemodiálise. A súa historia converteuse nun exemplo de superación e visibiliza a importancia da prevención, os controis médicos e a doazón de órganos.

Anterior: [RUTAS SIN GPS: Esta semana Xan Ramírez nos lleva al mirador de Coto Agudo, sobre As Forcadas en Valdoviño](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3597548-rutas-sin-gps-esta-semana-xan-ramirez-nos-lleva-al-mirador-de-coto-agudo-sobre)
Siguiente: [La UDC organiza rutas culturales gratuitas para descubrir el patrimonio de Ferrol entre marzo y junio](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3597546-la-udc-organiza-rutas-culturales-gratuitas-para-descubrir-el-patrimonio-de-entre)

## Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

- [SECCIÓN TIC: Luis Rey ofrece consejos para proteger el móvil del frío, ahorrar en calefacción y mejorar el descanso](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147048467-seccion-tic-luis-rey-ofrece-consejos-para-proteger-el-movil-del-frio-ahorrar-en) · 2 de noviembre de 2026 · 12 min
- [Ánxela Loureiro visita esta semana Músicas de Ferrolterra presentando o libro Cancións para o ano. Hoxe: A Silva no Chan](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147048468-anxela-loureiro-visita-esta-semana-musicas-de-ferrolterra-presentando-o-libro-o) · 2 de noviembre de 2026 · 14 min
- [Cedeira abre a inscrición para 4 rutas gratuítas que descubrirán o patrimonio marítimo e a identidade mariñeira local](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147048469-cedeira-abre-a-inscricion-para-4-rutas-gratuitas-que-descubriran-o-patrimonio-e) · 2 de noviembre de 2026 · 12 min
- [O Teatro Jofre estrea «A Culpa», un thriller de María Solar que une teatro e música en directo da Sinfónica de Galicia](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147048470-o-teatro-jofre-estrea-a-culpa-un-thriller-de-maria-solar-que-une-teatro-e-musica) · 2 de noviembre de 2026 · 18 min
- [Ferrol estrena una aplicación móvil para comunicar desperfectos en calles y mobiliario urbano y agilizar su reparación](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147048471-ferrol-estrena-una-aplicacion-movil-para-comunicar-desperfectos-en-calles-y-y-su) · 2 de noviembre de 2026 · 10 min
