Cova de Eirós, primeira cova BIC en Galiza?
Sobre este episodio
ADEGA solicita a Patrimonio Cultural que declare Ben de Interese Cultural á Cova de Eirós de Triacastela, por supor un xacemento de grande interese paleontolóxico e arqueolóxico para coñecer a historia de Galiza dos últimos 100.000 anos. A Cova está ameazada por unha explotación de pedra calcaria.