Proposta de lei pola Reciclaxe e contra a Incineración
Sobre este episodio
A plataforma "Incineradora no Deza, Non" está a elaborar, xunto coas demais organizacións organizadas en plataforma por mor da incineradora do sur, unha Iniciativa Lexislativa Popular que permita aplicar de xeito efectivo a Redución, Reutilización e Reciclaxe, ademais da compostaxe, e que castigue á incineración. Hoxe imos coñecer cos seus promotores os contidos desta proposta de lei.