Portada de Onda San Pío X

P17: Iris e Carla, gañadoras do concurso da Nena e a Ciencia da Uvigo

· 3 min · Temporada 1, episodio 17

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

Neste episodio falamos con Iris e Carla, gañadoras do I Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este certame é unha iniciativa da Facultade de Ciencias e das Escolas de Aeronáutica e Enxeñaría Informática, co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. O obxectivo do concurso é achegar o coñecemento sobre o papel das mulleres na ciencia e na enxeñaría, así como poñer en valor as súas achegas ao desenvolvemento humano ao longo da historia. Durante a conversa, Iris e Carla cóntannos como foi o proceso creativo das súas propostas, que as inspirou e que significa para elas participar nunha iniciativa que visibiliza o talento feminino no ámbito científico. Os galardóns entregáronse ao alumnado o venres 20 de febreiro pola tarde no campus de Ourense, no marco da celebración da feira eXXperimenta en Feminino.

Últimos episodios de Onda San Pío X

  1. P21: A Pío League 2026 xa está en marcha!

    10 de junio de 2026 · 3 min

  2. P20: María Arias, mestra e futbolista

    22 de mayo de 2026 · 4 min

  3. P19: Falamos dos maios

    15 de mayo de 2026 · 3 min

  4. P18: ONDA DEPORTIVA: Tras os carteis... movemento!

    27 de abril de 2026 · 3 min

  5. P16: FGA nas aulas!

    27 de febrero de 2026 · 13 min