# P17: Iris e Carla, gañadoras do concurso da Nena e a Ciencia da Uvigo

Episodio de [Onda San Pío X](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/onda-san-pio-x), de colexiosanpiox.

- Publicado: 10 de marzo de 2026
- Duración: 3 min
- Temporada 1, episodio 17
- Audio: https://www.ivoox.com/p17-iris-e-carla-ganadoras-do-concurso-da_mf_169815959_feed_1.mp3
- Página: https://escuchario.semeescucha.es/podcast/onda-san-pio-x/episodio/7308420-p17-iris-e-carla-ganadoras-do-concurso-da-nena-e-a-ciencia-da-uvigo

## Sobre este episodio

Neste episodio falamos con Iris e Carla, gañadoras do I Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este certame é unha iniciativa da Facultade de Ciencias e das Escolas de Aeronáutica e Enxeñaría Informática, co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. O obxectivo do concurso é achegar o coñecemento sobre o papel das mulleres na ciencia e na enxeñaría, así como poñer en valor as súas achegas ao desenvolvemento humano ao longo da historia. Durante a conversa, Iris e Carla cóntannos como foi o proceso creativo das súas propostas, que as inspirou e que significa para elas participar nunha iniciativa que visibiliza o talento feminino no ámbito científico. Os galardóns entregáronse ao alumnado o venres 20 de febreiro pola tarde no campus de Ourense, no marco da celebración da feira eXXperimenta en Feminino.

Anterior: [P16: FGA nas aulas!](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/onda-san-pio-x/episodio/7308421-p16-fga-nas-aulas)
Siguiente: [P18: ONDA DEPORTIVA: Tras os carteis... movemento!](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/onda-san-pio-x/episodio/7308419-p18-onda-deportiva-tras-os-carteis-movemento)

## Últimos episodios de Onda San Pío X

- [P21: A Pío League 2026 xa está en marcha!](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/onda-san-pio-x/episodio/7308416-p21-a-pio-league-2026-xa-esta-en-marcha) · 10 de junio de 2026 · 3 min
- [P20: María Arias, mestra e futbolista](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/onda-san-pio-x/episodio/7308417-p20-maria-arias-mestra-e-futbolista) · 22 de mayo de 2026 · 4 min
- [P19: Falamos dos maios](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/onda-san-pio-x/episodio/7308418-p19-falamos-dos-maios) · 15 de mayo de 2026 · 3 min
- [P18: ONDA DEPORTIVA: Tras os carteis... movemento!](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/onda-san-pio-x/episodio/7308419-p18-onda-deportiva-tras-os-carteis-movemento) · 27 de abril de 2026 · 3 min
- [P16: FGA nas aulas!](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/onda-san-pio-x/episodio/7308421-p16-fga-nas-aulas) · 27 de febrero de 2026 · 13 min
