Luzma Pousa: "Nuestras UPA son una clara expresión de sinodalidad"
Sobre este episodio
Mañá sábado terá lugar en Moneñedo a reunión do Consello Diocesano de Pastoral. Este órgano formouse en xaneiro de 2024, buscando ter un carácter sinodal tanto na súa composición como polo seu funcionamento. Está composto por 31 membros e na representación seglar participan membros dos diferentes arciprestados, a directora de Cáritas, un representante das Confrarías de Semana Santa, varios delegados e unha relixiosa. Hoxe temos connosco á súa secretaria, Luz María Pousa, con quen falamos das novidades que leva aparexadas este novo curso que agora comezamos. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 19.09.2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Javier Martínez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.