Benito Méndez: "A memoria histórica é importante para construir sobre bases firmes"
Sobre este episodio
Chegamos ao número 39 de Estudos Mindonienses, o anuario de investigación da diocese que, desde 1985, reúne cada ano estudos sobre historia, arte, patrimonio, lingua e sociedade do norte de Galicia. A Fundación Exponav acollerá a presentación deste novo volume, que inclúe traballos sobre as parroquias, a economía, as igrexas e a arte diocesanos, alén de investigacións sobre a toponimia, a lexicografía e a particular fala de Ferrol. Conversamos co seu director, Benito Méndez, para coñecer o contido desta entrega, o valor dunha publicación sostida durante case catro décadas e a importancia de protexer a memoria como base para construír futuro. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 23.10.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.