Carlos González: "Que xenera a delincuencia? A pobreza, a explotación e a violencia"
Sobre este episodio
O vindeiro 7 de marzo as delegacións de Pastoral Penitenciaria de Galicia abordarán a realidade das persoas extranxeiras en prisión, dentro das 12ª xornadas rexionais baixo o título “Persoas extranxeiras en prisión: estratexias e reinserción”. O encontro pretende a formación dos voluntarios, así como difundir o traballo pastoral nos cárceres, nas familias e no acompañamento dos presos. Para falarnos de este encontro contamos con Carlos González Prieto, vicedelegado de Pastoral Penitenciaria da diocese de Ourense. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 20.02.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.