Concha Quintela: "Fai moito tempo que sentín a chamada de Deus para ser catequista"
Sobre este episodio
Esta fin de semana, a catedral de Mondoñedo acollerá unha celebración moi especial na que dezanove laicos recibirán os ministerios laicais. Entre eles estará Concha Quintela, catequista da UPA de Vilalba, nunha cita que pon en valor o compromiso e o servizo de tantos fieis na vida da Igrexa. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 22.05.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.