O Concello de Valdoviño convida a artesáns e produtores locais a sumarse ao Mercado Sostible na súa edición nocturna
Sobre este episodio
O Concello de Valdoviño celebrará o venres 23 de agosto unha edición nocturna do seu Mercado Ecolóxico e de Consumo Responsable. Como vén sendo habitual, terá lugar na Porta do Sol, fronte á Casa de Joselito, pero en horario de 19:30 a 00:30 h. Deste xeito, a concelleira de Cultura e Turismo, Rosana García, convidaba esta mañá ás persoas autónomas e empresas do municipio para participar na cita, poñendo á venda os seus produtos nos espazos expositores. Especialmente, aqueles ligados ao consumo responsable ou relacionados co ámbito agrario e artesán. Así, en caso de estar interesados/as deben comunicalo durante esta semana -ata o domingo 4 de agosto- enviando un correo electrónico a info@totemgestion.com para valorar a solicitude. Ademais da comercialización de produtos ecolóxicos, frescos, de proximidade ou artesanía, o Mercado contará cunha programación en paralelo durante a xornada, que o Concello de Valdoviño avanzará nas próximas xornadas.