Portada de Voces de Ferrol - RadioVoz

Aberta a inscrición en medio centenar de actividades ofertadas este curso 24 -25 polas entidades veciñais de Canido

· 15 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

Desde clases de acordeón e cantos de taberna ata cursos de idiomas estranxeiros (como inglés, francés, italiano ou xaponés), pasando por actividades para animar o corpo (sevillanas, hipopresivos, pilates, capoeira, zoa, baile latino e danza galega), fútbol, teatro, gancho ou internet. Ata medio centenar de actividades de tempo libre organiza ao longo de todo este novo curso 2024-2025 a Asociación Veciñal de Canido en colaboración con outras entidades do barrio. E todas elas están abertas tanto a socios como a non socios. A preinscrición comezou xa o 9 de setembro e a información sobre os horarios e prezo de cada unha das actividades pódese consultar en centro cívico do barrio, así como no Facebook da Asociación Veciñal de Canido. Ademais, o centro cívico acollerá este trimestre un taller de creación literaria que comezará o día 27 de setembro e estará dirixido por Antón Cortizas (inscricións no correo oficina@aelg.org), quen tamén coordinará en Canido o II Foro Literario (con sesións ao longo de todo o curso, un venres ao mes). E para este sábado, día 14, a partir das 19.00 horas, está prevista a celebración do III Agrocabaré con música, marionetas, queimada e moita diversión na horta comunitaria.

Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

  1. SECCIÓN TIC: Luis Rey ofrece consejos para proteger el móvil del frío, ahorrar en calefacción y mejorar el descanso

    2 de noviembre de 2026 · 12 min

  2. Ánxela Loureiro visita esta semana Músicas de Ferrolterra presentando o libro Cancións para o ano. Hoxe: A Silva no Chan

    2 de noviembre de 2026 · 14 min

  3. Cedeira abre a inscrición para 4 rutas gratuítas que descubrirán o patrimonio marítimo e a identidade mariñeira local

    2 de noviembre de 2026 · 12 min

  4. O Teatro Jofre estrea «A Culpa», un thriller de María Solar que une teatro e música en directo da Sinfónica de Galicia

    2 de noviembre de 2026 · 18 min

  5. Ferrol estrena una aplicación móvil para comunicar desperfectos en calles y mobiliario urbano y agilizar su reparación

    2 de noviembre de 2026 · 10 min