A horta comunitaria do Campus de Ferrol usa compost obtido dos restos de comida da cafetería do recinto
Sobre este episodio
A Universidade da Coruña (UDC) conta cun total de 16 bancais de 1,2m2 cada un, no espazo habilitado para a horta comunitaria da UDC no Campus de Ferrol, entre os edificios correspondentes á Escola Politécnica de Enxeñaría e o Edificio de Apoio ao Estudo. As hortas urbanas da UDC buscan avanzar na xestión ambiental sustentábel do campus e contribuír á concienciación ambiental da comunidade universitaria e da sociedade en xeral. A actuación por parte da UDC incluíu o peche parcial do espazo, adaptación ao novo uso, abonado de fondo con compost de calidade ecolóxica, achega de auga para rega dos cultivos e un caseto con ferramenta. As persoas usuarias (metade estudantes e metade persoal) pagan unha taxa anual e reciben unhas xornadas de asesoramento por un experto. Actualmente cóntase con 40 parcelas de 20 m2 cada unha, e espazos comúns para actuacións complementarias de tipo colectivo.