SECCIÓN TIC: O polémico novo Rexistro de Viaxeiros que obrigará a dar máis de 43 datos persoais, vulnera dereitos?
Sobre este episodio
Aínda non entrou en vigor e xa conta co rexeitamento de absolutamente todas as empresas do sector turismo. O Ministerio de Interior decidiu pospoñer de novo ao 2 de decembro a entrada en vigor do novo rexistro de viaxeiros recolleito no Real Decreto 933/2021. Aínda que estaba previsto que o fixese o 1 de outubro, o Goberno tivo que botar o freo unha vez máis despois de que hoteis, asociacións de axencias de viaxes e distintas empresas do sector turístico mostrasen a súa preocupación e trasladasen ao Ministerio do Interior os problemas que xera a aplicación desta lei. Segundo denuncian, é de imposible aplicación ao non cumprir, entre outros factores, con distintas normativas de protección de datos.