Portada de Voces de Ferrol - RadioVoz

A cantante e compositora ferrolá Lidia India presenta "No mare", primeiro adianto do seu novo traballo discográfico

· 14 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

A artista Ferrolá Lidia India estreou "No mare", o primeiro sinxelo do seu vindeiro traballo, que está a ser arranxado polo recoñecido produtor Juan de Dios. A canción vén acompañada dun videoclip dirixido por Diogo Dieguez e rodado en fermosos escenarios naturais das costas de ferrol, como San Felipe, Cobas ou Doniños. "No mare" explora a profunda conexión de Lidia co mar, que a artista describe como un elemento transformador e renovador. "No mare", título que remite ao propio mar, mergúllase tamén nas súas vivencias persoais e familiares ligadas a este, representando así a cantidade de recursos que xera o mesmo na cultura mariñeira de Galicia. A nivel musical, Lidia mantén o seu estilo único de fusión, onde a música galega convive con influencias de ritmos do mundo e pinceladas de electrónica. Xunto a ela, destacan os músicos habituais que a acompañan, Mauricio Caruso na guitarra e César Yáñez nas percusións, que aportan profundidade e dinamismo ao son de "No mare". Con este adianto, Lidia India ofrece ao público unha primeira ollada ao que será o seu novo traballo discográfico, previsto para 2025, no que as cancións xirarán co simbolismo en torno a os catro elementos naturais. "No mare" representa o elemento da auga, simbolizando tanto o mar como a súa influencia cultural en Galicia. “Fago caldos musicais galegos con sabores tropicais e ritmos do mundo”. Así define Lidia India a súa proposta musical única, unha fusión onde a tradición galega e os ritmos do mundo se mesturan con naturalidade.

Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

  1. RUTAS SIN GPS: Esta semana Xan Ramírez nos lleva por el Rego de Graña y el río Covés, en Pontedeume

    30 de octubre de 2026 · 19 min

  2. Alex Bellas protagoniza esta semana Músicas de Ferrolterra con su pop-rock emocional. Hoy suena: Criminal

    30 de octubre de 2026 · 11 min

  3. El guitarrista ferrolano Carlos Campoy recurre al micromecenazgo para hacer realidad su nuevo álbum, "Echoes of Fantasy"

    30 de octubre de 2026 · 17 min

  4. Ferrol activa un dispositivo especial de tráfico en el acceso al cementerio de Catabois por Todos los Santos y Difuntos

    30 de octubre de 2026 · 8 min

  5. A ONG Briegal viaxa a Perú para culminar a creación dun equipo binacional de rescate en inundacións

    30 de octubre de 2026 · 15 min