Remata no Cemiterio de O Val o traballo que confirma o lugar onde están soterradas as vítimas da represión franquista
Sobre este episodio
Hoxe concluíu, no Cemiterio de O Val, Narón, a presente etapa de traballos encamiñados a topar e delimitar as foxas onde están soterradas as 51 vítimas da represión franquista, das que segundo testemuños familiares foran trasladadas seis persoas a outros Cemiterios. A expensas do que o informe técnico ditamine, a aparición de restos de varias persoas, con aparentes signos de violencia, baixo a ringleira fondal de nichos, ven a confirmar as sospeitas e indicacións da veciñanza de que as foxas principais están neste lugar.