Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos estrean no Auditorio de Narón a cuarta e última entrega do musical A Nena e o Grilo
Sobre este episodio
O Auditorio Municipal de Narón acollerá este domingo 17 de novembro, ás 18 horas, a estrea de A nena e o grilo camiño das cores, a cuarta e última entrega do exitoso musical de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos xunto á Banda das Apertas. As entradas están en venda na web do Padroado da Cultura. Ademais da estrea, ao longo da próxima semana hai programados no Auditorio ata seis pases para público escolar os días 18, 19 e 20 de novembro, ás 10 e ás 12 horas. A Nena e o Grilo é un proxecto musical de Magín Blanco que comezou en 2010 co álbum O país das Apertas e ao que lle seguiron os espectáculos A nena e o grilo nun Barquiño e A nena e o Grilo máis aló, tres traballos que tiveron moi boa acollida entre o público familiar, enchendo salas e teatros de toda Galicia. Nesta ocasión, a Nena e o Grilo prepáranse para vivir unha nova historia chea de sorpresas. Os dous personaxes volverán estar interpretados pola actriz Montse Piñón e o actor Pepablo Patinho que estarán acompañados en escena polo actor Jorge Casas. O trío formado polos integrantes de Teatro Ghazafelhos vivirá aventuras coas que descubrirán o mundo desde a mirada dos nenos e as nenas e interactuarán cos músicos e co público