Máis de 80 establecementos comerciais de Narón están xa inscritos na campaña Merca Nadal en Narón que arranca o lunes
Sobre este episodio
Mais de 80 pequenos comercios da cidade están a día de hoxe inscritos na campaña Merca Nadal en Narón, que se desenvolverá do 2 ao 29 de decembro. Así o avanzou a edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, que presentou oficialmente a iniciativa xunto con Rocío Rodríguez, presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón. A edil de Promoción Económica explicou que cada comercio establecerá un importe mínimo de compra a partir do que entregará á clientela unha papeleta para que cubra os seus datos persoais e un teléfono de contacto. Unha vez selada polo establecemento deberase depositar a papeleta para poder participar nos diferentes sorteos que se levarán a cabo en decembro. A clientela poderá gañar unha das catro cestas con produtos de Nadal que se sortearán ou algún dos tres vales de compra, por importe de 1.000, 600 e 400 euros (a canxear en como mínimo tres dos establecementos participantes na campaña). Dende a Asociación de Comerciantes de Narón destacaron que se trata dunha campaña “con moi boa acollida todos os anos, e na que sempre hai alguén dos premiados ou premiadas que nos di que nunca lle tocara nada nun sorteo. Nesta sempre toca”.