O historiador e escritor Guillermo Llorca presenta o libro que recolle a Memoria histórica de Covas, Esmelle e San Xurxo
Sobre este episodio
O historiador e escritor Guillermo Llorca volve a ofrecer un novo capítulo do seu percorrido pola memoria colectiva de Ferrol. E acaba de publicar o libro Memoria histórica de Covas, Esmelle e San Xurxo, que se presenta o vindeiro día 19 en Exponav ás 19.00 horas. Llorca é o coordinador dunha obra, a través de artigos de diversos autores, que aborda temas como «a minería de Covas, a caza da balea en Prioriño, as fontes, lavodoiros e muíños, as leiteiras, os cines ou os nomes singulares das casas». Esta peza dá continuidade a outros libros que navegan pola intrahistoria da cidade, como a Memoria histórica do Ferrol de fóra de portas, ou a Memoria histórica de Canido. E a edición corre a cargo de Embora.