A Intrabarrial de Canido expresa o descontento dos veciños coa actitude do goberno municipal respecto do barrio
Sobre este episodio
Dende a Intrabarrial de Canido expresan o descontento coa actitude do goberno municipal respecto do barrio. Apuntan que "No só se trata de non recibir investimentos reais sobres as necesidades do barrio, tamén é que non obtivemos resposta sobre as nosos petición achegadas en persoa por Rexistro". Nese documento según os vecinos "facíamos unha serie de alegación aos orzamentos, nas que solicitamos algunhas das nosas demandas máis urxentes, así como exixir o cumprimento dunha serie de compromisos adquiridos no Pleno Municipal (adquisición de Edificio de Suboficiais, estudo sobre vivenda…). Máis ningunha das demandas respecto do arranxo de beirarrúas, alumeado, humanización de espazos públicos ou estudo da viabilidade dunha escaleira mecánica que mellore a mobilidade foron atendidas" Por ese motivo inician unha serie de accións reivindicativas, entre elas a presenza e voz pleno municipal que terá lugar hoxe ás 19.00 h para o que convocan a toda a veciñanza do barrio.