A alcaldesa do Concello de Narón fala da situación da cementeira de As Lagoas e do expediente aberto a un funcionario
Sobre este episodio
Ao longo do último ano, empresas da construción converteron unha antiga cementeira de Narón nun xigantesco cemiterio de residuos perigosos. De modo ilegal, trasladaron alí uralitas co seu correspondente contido de amianto, botes de pintura, pneumáticos, tubos de goma ou montañas de roupa. A parcela ocupa miles e miles de metros cadrados, nos que os veciños aseguran que viron «camións con descargas de verteduras de obras». Por outra banda Marian Ferreiro explica o caso do funcionario sancionado por incompatibilidade ao figurar como administrador único dunha empresa que facturo ao concello 130.000 euros.