O Auditorio Municipal de Narón, na Praza de Galicia, acolle este domingo a representación de "Campanas de Bastabales"
Sobre este episodio
Este domingo, coincidindo coa conmemoración do Día de Rosalía, o Auditorio Municipal de Narón será o escenario da estrea da obra “Campanas de Bastabales”, da compañía Imaxina-T, do colectivo Celeuma Espazo Alternativo. A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e o director do espectáculo, Luis Ramos, presentaron esta mañá a nova peza teatral que homenaxea á escritora galega. A representación dará comezo ás 18:00 horas e, tal e como anunciaron os organizadores, a entrada será libre ata completar o aforo. Unha oportunidade única para gozar dunha proposta cultural de gran interese e de acceso gratuito.