A Feira do Queixo de Moeche celebra a súa séptima edición con 33 queixerías e moitos postos de alimentación certificada
Sobre este episodio
Trinta e tres queixerías galegas e doutras partes do Estado español xa confirmaron a súa participación na séptima edición da Feira do Queixo de Moeche, que se celebrará o vindeiro 30 de marzo, a partir das 10:00 horas. A esta cita gastronómica sumaranse tamén numerosos postos de alimentación, moitos deles certificados baixo o selo galego de Artesanía Alimentaria.