Portada de Voces de Ferrol - RadioVoz

A cantautora mugardesa Sofía Espiñeira presenta o seu disco Xeografías en Músicas de Ferrolterra: Hoxe: Tormentas

· 11 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

Sofía Espiñeira publica o seu agardado segundo álbum Xeografías e prepárase para a súa presentación en directo. A cantante e artista mugardesa estreaba esta medianoite en todas as plataformas dixitais o novo traballo, gravado en Abrigueiro Estudios de Friol e producido por Arturo Vaquero. Con Xeografías, Sofía adéntase nunha profunda reflexión sobre os «paisaxes internos e externos» que habitan en nós. Espiñeira describe este álbum como un viaxe polos «territorios que habitan dentro e fóra da pel», unha visión que se plasma nas dez cancións que conforman o disco. A artista continúa explorando a súa personalísima fusión de música de raíz e canción de autor máis íntima e crúa, un selo que a caracteriza dende o seu inicio. Entre os adiantos que se coñeceron deste disco atópanse o tema homónimo e Herba de namorar, que xa captara a atención do público. O videoclip de Xeografías, dirixido por Lucía Estévez, foi finalista no prestixioso Festival de Cans 2024, o que augura grandes expectativas para o álbum que se fixo esperar. Ademais da súa faceta como cantautora, Sofía Espiñeira é unha artista polifacética que traballou no teatro, no circo, na danza e na videocreación. Co seu característico estilo e a súa capacidade para conectar co público, Sofía Espiñeira segue demostrando por que é unha das voces máis importantes e versátiles da música galega actual.

Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

  1. RUTAS SIN GPS: Esta semana Xan Ramírez nos lleva por el Rego de Graña y el río Covés, en Pontedeume

    30 de octubre de 2026 · 19 min

  2. Alex Bellas protagoniza esta semana Músicas de Ferrolterra con su pop-rock emocional. Hoy suena: Criminal

    30 de octubre de 2026 · 11 min

  3. El guitarrista ferrolano Carlos Campoy recurre al micromecenazgo para hacer realidad su nuevo álbum, "Echoes of Fantasy"

    30 de octubre de 2026 · 17 min

  4. Ferrol activa un dispositivo especial de tráfico en el acceso al cementerio de Catabois por Todos los Santos y Difuntos

    30 de octubre de 2026 · 8 min

  5. A ONG Briegal viaxa a Perú para culminar a creación dun equipo binacional de rescate en inundacións

    30 de octubre de 2026 · 15 min