Portada de Voces de Ferrol - RadioVoz

Zavala presentará o seu segundo disco en Canido e avanza unha triloxía musical máis electrónica e reivindicativa

· 21 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

As transformacións marcan o ritmo de Zavala, unha das bandas máis vangardistas do panorama actual segundo a crítica, e que conta co talento da cantante e frautista ferrolá Carla Romalde. Logo do éxito do seu primeiro traballo, chegan agora con novo disco baixo o brazo: "Pequeno Manual para Grandes Cambios II (Teoría e Práctica)", publicado a finais de marzo coa discográfica local Ferror Records. A presentación na cidade será o 17 de maio, Día das Letras Galegas, e terá lugar no barrio de Canido, lugar moi especial para a banda, pois foi alí onde ofreceron o seu primeiro concerto, un domingo á hora do vermú. Na cita de Canido tamén participarán outros proxectos musicais e a festa rematará cunha foliada popular. Pero Zavala xa ten na axenda outro soño por cumprir: unha futura data aínda por concretar no teatro Jofre, un escenario que Carla xa pisou con só 19 anos da man do pianista Iago González. Zavala complétano Elena Zas ao piano e voces, Víctor Ledo na guitarra, composición e electrónica, e Carlos Castro “Kos”, encargado da electrónica, produción e deseño audiovisual. Este segundo disco dá continuidade ao primeiro, mantendo liñas e texturas, pero abríndose a novas colaboracións, como a das cantareiras Atalaias de Caión, que participan en temas como o dedicado á parroquia de Santa Marta de Ortigueira. Estas colaboracións poderían repetirse en concertos da xira, segundo o formato e espazo. E como se encaixa a tradición nunha proposta como a de Zavala, tan lonxe da “neotrad”? Carla responde: “Somos moi eclécticos”. Así, no repertorio conviven temas como Retrouso do Barqueiro con outros máis experimentais como Neptuno. E atención, porque xa traballan nun terceiro disco, que marcará un cambio radical: novo estilo, novos sons, e unha mensaxe máis contundente e reivindicativa. Este disco formará parte dunha triloxía de corte literario, na que a electrónica terá aínda máis peso. A música de Zavala tamén transcende os escenarios. O segundo disco acompaña o documental “Adeus vista dos meus ollos”, dirixido por Marisa Moreda e centrado na realidade do alumnado migrante. A propia Carla participou nun dos pases en Vilagarcía, augurando un longo percorrido ao proxecto.

Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

  1. RUTAS SIN GPS: Esta semana Xan Ramírez nos lleva por el Rego de Graña y el río Covés, en Pontedeume

    30 de octubre de 2026 · 19 min

  2. Alex Bellas protagoniza esta semana Músicas de Ferrolterra con su pop-rock emocional. Hoy suena: Criminal

    30 de octubre de 2026 · 11 min

  3. El guitarrista ferrolano Carlos Campoy recurre al micromecenazgo para hacer realidad su nuevo álbum, "Echoes of Fantasy"

    30 de octubre de 2026 · 17 min

  4. Ferrol activa un dispositivo especial de tráfico en el acceso al cementerio de Catabois por Todos los Santos y Difuntos

    30 de octubre de 2026 · 8 min

  5. A ONG Briegal viaxa a Perú para culminar a creación dun equipo binacional de rescate en inundacións

    30 de octubre de 2026 · 15 min