Milladoiro contará este sábado coa colaboración de Eva Faraldo e Jesús Quiroga no seu concerto no Teatro Jofre
Sobre este episodio
O histórico grupo galego Milladoiro actuará este sábado no Teatro Jofre de Ferrol como parte da súa xira conmemorativa de máis de 45 anos nos escenarios. Nesta ocasión, contarán coa colaboración especial da parella formada por Eva Faraldo e Jesús Quiroga, que teñen preparadas varias coreografías para acompañar ao grupo durante o concerto. Eva e Jesús xa participaron o ano pasado no inicio da xira no Palacio da Ópera e teñen colaborado con Milladoiro en numerosas ocasións, achegando o seu talento escénico e reforzando a conexión entre a música tradicional e a danza contemporánea.