Portada de Voces de Ferrol - RadioVoz

Xeoparque do Cabo Ortegal celebra a IX Semana dos Xeoparques Europeos con actividades gratuitas para todos os públicos

· 15 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

O Xeoparque do Cabo Ortegal, recoñecido pola UNESCO pola súa riqueza xeolóxica única, volverá ser o escenario dun encontro especial coa natureza, a ciencia e a cultura coa celebración da IX Semana dos Xeoparques Europeos, que se desenvolverá entre os días 24 de maio e 1 de xuño de 2025. Durante estes nove días, a cidadanía poderá participar en actividades gratuítas pensadas para todas as idades, cun claro obxectivo: divulgar o patrimonio natural e xeolóxico da comarca e fomentar un turismo sustentable e respectuoso co medio. A iniciativa conta co apoio da Deputación da Coruña e forma parte das accións promovidas polos Geoparques Mundiais da UNESCO e por Geoparques España. Entre as propostas máis destacadas atópanse as XeoRutas por zonas menos coñecidas do territorio, roteiros interpretativos polos Cantís de Loiba, Herbeira, os Altos de Santo André, a Fraga dos Casás, e actividades en espazos emblemáticos como Santo André de Teixido e Cedeira. Tamén haberá rutas en barco pola reserva mariña e pola Vixía de Herbeira, rutas a cabalo polo río Mera e a Cala da Loba, obradoiros infantís, actividades de aventura como a vía ferrata, e charlas científicas online para os amantes da xeoloxía e da conservación ambiental. As persoas interesadas poden consultar o programa completo e facer a súa reserva a través da web oficial do proxecto: www.xeoparquecaboortegal.gal. Esta semana especial reafirma ao Xeoparque do Cabo Ortegal como un destino único para descubrir a historia da Terra a través da súa paisaxe, ao tempo que se promove a educación ambiental e a valorización do territorio.

Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

  1. RUTAS SIN GPS: Esta semana Xan Ramírez nos lleva por el Rego de Graña y el río Covés, en Pontedeume

    30 de octubre de 2026 · 19 min

  2. Alex Bellas protagoniza esta semana Músicas de Ferrolterra con su pop-rock emocional. Hoy suena: Criminal

    30 de octubre de 2026 · 11 min

  3. El guitarrista ferrolano Carlos Campoy recurre al micromecenazgo para hacer realidad su nuevo álbum, "Echoes of Fantasy"

    30 de octubre de 2026 · 17 min

  4. Ferrol activa un dispositivo especial de tráfico en el acceso al cementerio de Catabois por Todos los Santos y Difuntos

    30 de octubre de 2026 · 8 min

  5. A ONG Briegal viaxa a Perú para culminar a creación dun equipo binacional de rescate en inundacións

    30 de octubre de 2026 · 15 min