# Programa especial de RadioVoz Ferrol pola Xornada de Benvida "Ola UDC" ao curso 2025/26 no Campus Industrial de Ferrol

Episodio de [Voces de Ferrol - RadioVoz](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz).

- Publicado: 18 de septiembre de 2025
- Duración: 1 h 52 min
- Audio: https://www.ivoox.com/programa-especial-radiovoz-ferrol-pola-xornada-de_mf_158320594_feed_1.mp3
- Página: https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3600107-programa-especial-de-radiovoz-ferrol-pola-xornada-de-benvida-ola-udc-ao-curso-26

## Sobre este episodio

Este xoves 18 de setembro Radiovoz emitiu un programa especial desde o Campus Industrial de Ferrol con motivo da Xornada de Benvida “Ola UDC”. A iniciativa serviu para dar a benvida ao novo alumnado e presentar a oferta académica e os servizos dispoñibles no curso 2025/26. No programa interviñeron Ana Ares, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, e Marcos Míguez, director do Campus Industrial da Universidade da Coruña. O bloque dedicado ao alumnado contou coa participación de Alba Barallobre Naveiras (grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, EPEF), Naomi Arias Gulisano (grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, EUDI), Xiana Ruíz Martínez (grao en Relacións Internacionais, Facultade de Humanidades e Documentación), Mario Pascual Gallego (grao en Enfermaría, Facultade de Enfermaría e Podoloxía) e Abraham Vázquez Roma (grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, Facultade de Ciencias do Traballo). No bloque dedicado aos servizos participaron Vanessa Míguez Martín, técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da UDC no Campus Industrial de Ferrol; María José Abad López, subdirectora da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC; Bruno Casal Rodríguez, adxunto de Mobilidade e Convenios da Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización; e Valentín Escudero Carranza, director da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) e responsable do Programa Afrontemos. O programa tamén incluíu un bloque específico sobre a metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo (ApS), con achegas de Joaquín Enríquez Díaz (profesor na Facultade de Humanidades e Documentación e na Facultade de Ciencias do Traballo), Elisa María Fraga Galgo (alumna do máster en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns), Raquel Veiga Seijo (profesora da Facultade de Enfermaría e Podoloxía) e Laura Sueiro Méndez (graduada en Podoloxía e vicepresidenta da Asociación Galega de Estudantes de Podoloxía da UDC). Aquí podes volver escoitar a emisión íntegra deste programa especial de Radiovoz desde o Campus Industrial de Ferrol. Durante a emisión abordouse o inicio do curso 2025/26, no que o Campus Industrial de Ferrol supera os 3.000 estudantes entre grao, máster, doutoramento e programas sénior. Máis de 660 estudantes incorporáronse por primeira vez a primeiro curso de grao. O programa recolleu tamén as novidades na oferta académica de posgrao, como o Máster Universitario en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sostible —en modalidade presencial e en liña— e o Máster Interuniversitario en Realidade Estendida. Outro dos eixes da conversa foi a aposta pola responsabilidade social universitaria no Campus de Ferrol, a través de iniciativas como Afrontemos, UDC Saudable, Bandeira Verde - Green Campus, Campus Sen Fume, Espazo Compartido e os programas da Oficina de Cooperación e Voluntariado. Por último, fixouse atención na metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo (ApS), que neste 2025 cumpre dez anos no Campus Industrial de Ferrol, con máis de 260 proxectos realizados e a participación de case 9.000 estudantes. Aquí podes volver escoitar a emisión íntegra do programa especial de Radiovoz desde o Campus Industrial de Ferrol.

Anterior: [FERROLANOS VIAJEROS POR EL MUNDO: Julián Abad recuerda su campaña en Senegal sobre el drama de la emigración en cayucos](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3600108-ferrolanos-viajeros-por-el-mundo-julian-abad-recuerda-su-campana-en-senegal-el)
Siguiente: [Esta semana en Músicas de Ferrolterra el cantante Manolo Couto presenta las canciones de su 8º disco. Hoy: El Fuego](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3600106-esta-semana-en-musicas-de-ferrolterra-el-cantante-manolo-couto-presenta-las-de)

## Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

- [RUTAS SIN GPS: Esta semana Xan Ramírez nos lleva por el Rego de Graña y el río Covés, en Pontedeume](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018837-rutas-sin-gps-esta-semana-xan-ramirez-nos-lleva-por-el-rego-de-grana-y-el-rio-en) · 30 de octubre de 2026 · 19 min
- [Alex Bellas protagoniza esta semana Músicas de Ferrolterra con su pop-rock emocional. Hoy suena: Criminal](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018838-alex-bellas-protagoniza-esta-semana-musicas-de-ferrolterra-con-su-pop-rock-hoy) · 30 de octubre de 2026 · 11 min
- [El guitarrista ferrolano Carlos Campoy recurre al micromecenazgo para hacer realidad su nuevo álbum, "Echoes of Fantasy"](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018839-el-guitarrista-ferrolano-carlos-campoy-recurre-al-micromecenazgo-para-hacer-su) · 30 de octubre de 2026 · 17 min
- [Ferrol activa un dispositivo especial de tráfico en el acceso al cementerio de Catabois por Todos los Santos y Difuntos](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018840-ferrol-activa-un-dispositivo-especial-de-trafico-en-el-acceso-al-cementerio-de-y) · 30 de octubre de 2026 · 8 min
- [A ONG Briegal viaxa a Perú para culminar a creación dun equipo binacional de rescate en inundacións](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018841-a-ong-briegal-viaxa-a-peru-para-culminar-a-creacion-dun-equipo-binacional-de-en) · 30 de octubre de 2026 · 15 min
