Portada de Voces de Ferrol - RadioVoz

SECCIÓN TIC: Cursos de tecnoloxía en Pontedeume e Ferrol: IA, ciberseguridade, impresión 3D e máis

· 8 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

O Centro de Formación en Novas Tecnoloxías ITagen Ata pon en marcha unha ampla oferta de cursos en Pontedeume e Ferrol, destinada a fomentar a alfabetización dixital, a creatividade e a formación tecnolóxica en diferentes perfís, desde persoas adultas ata mocidade. Entre os cursos presenciais da Aula CEMIT en Pontedeume destacan: IA e ChatGPT, uso do móbil e alfabetización dixital para persoas adultas, trámites electrónicos online, realidade virtual e impresión 3D e actividades de creatividade e tecnoloxía para a mocidade. Todas as formacións son gratuítas ou de acceso facilitado, e contan con prazas limitadas, polo que se require inscrición previa a través do formulario dispoñible en tagenata.com/formulario/43c ou contactando co teléfono 881 939 142 para dúbidas e información adicional. Ademais, a oferta inclúe cursos online a través de COFER, entre os que destacan: Ferramentas dixitais e ciberseguridade (20 h): O curso aborda conceptos esenciais de cloud computing, creación e optimización de documentos PDF con software libre e prácticas básicas de ciberseguridade, incluíndo medidas para protexer dispositivos e redes. Marketing e presenza dixital (30 h): Formacion sobre deseño de páxinas web para pequenas empresas, xestión segura das redes sociais e fundamentos do comercio electrónico e aspectos legais asociados. Segundo os responsables de Tagen Ata, a formación busca dotar á cidadanía de coñecementos prácticos e actuais sobre tecnoloxía, facilitando o seu acceso a ferramentas dixitais e promovendo unha cultura de innovación e seguridade dixital en Ferrolterra.

Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

  1. RUTAS SIN GPS: Esta semana Xan Ramírez nos lleva por el Rego de Graña y el río Covés, en Pontedeume

    30 de octubre de 2026 · 19 min

  2. Alex Bellas protagoniza esta semana Músicas de Ferrolterra con su pop-rock emocional. Hoy suena: Criminal

    30 de octubre de 2026 · 11 min

  3. El guitarrista ferrolano Carlos Campoy recurre al micromecenazgo para hacer realidad su nuevo álbum, "Echoes of Fantasy"

    30 de octubre de 2026 · 17 min

  4. Ferrol activa un dispositivo especial de tráfico en el acceso al cementerio de Catabois por Todos los Santos y Difuntos

    30 de octubre de 2026 · 8 min

  5. A ONG Briegal viaxa a Perú para culminar a creación dun equipo binacional de rescate en inundacións

    30 de octubre de 2026 · 15 min