Portada de Voces de Ferrol - RadioVoz

Fene inicia "Conversas Abertas coa Veciñanza" para recuperar a memoria do estaleiro e a vida local desde 1941

· 14 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

O Concello de Fene convida a toda a veciñanza a participar este martes, ás 19.30 horas na Casa da Cultura, na primeira das Conversas Abertas coa Veciñanza, incluída no proxecto “Fene 1941. A historia viva desde o estaleiro”. Neste primeiro encontro reunirase veciñanza de San Valentín, Perlío, Fene e Barallobre, que compartirán lembranzas e experiencias sobre o estaleiro, a vida nas parroquias e o papel desta industria no desenvolvemento económico e social do municipio. A concelleira de promoción económica e turismo, Ángeles Coira, destacou que “estes faladoiros son unha oportunidade única para poñer voz e rostro á memoria colectiva de Fene, recuperando historias humanas que forman parte da nosa identidade e da historia do país”. O formato, pensado como unha conversa aberta e distendida, busca favorecer o diálogo entre xeracións e recoller testemuños de quen traballou no estaleiro ou viviu a súa pegada desde os fogares, o comercio ou as tabernas. O ciclo complétase o martes 14 de outubro, tamén ás 19.30 horas, cun segundo faladoiro que continuará este proceso de recuperación da memoria viva do concello no resto das parroquias. O proxecto Fene 1941 desenvólvese nos anos 2024 e 2025 e está financiado con fondos do Programa do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) a través do GALP Golfo Ártabro Norte, cun 70% de apoio da Unión Europea e un 30% da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

  1. RUTAS SIN GPS: Esta semana Xan Ramírez nos lleva por el Rego de Graña y el río Covés, en Pontedeume

    30 de octubre de 2026 · 19 min

  2. Alex Bellas protagoniza esta semana Músicas de Ferrolterra con su pop-rock emocional. Hoy suena: Criminal

    30 de octubre de 2026 · 11 min

  3. El guitarrista ferrolano Carlos Campoy recurre al micromecenazgo para hacer realidad su nuevo álbum, "Echoes of Fantasy"

    30 de octubre de 2026 · 17 min

  4. Ferrol activa un dispositivo especial de tráfico en el acceso al cementerio de Catabois por Todos los Santos y Difuntos

    30 de octubre de 2026 · 8 min

  5. A ONG Briegal viaxa a Perú para culminar a creación dun equipo binacional de rescate en inundacións

    30 de octubre de 2026 · 15 min