O Campus Industrial de Ferrol e o IGADI inician hoxe a 2ª edición do curso "China no horizonte do S.XXI"
Sobre este episodio
O Campus Industrial de Ferrol e o IGADI inician hoxe a 2ª edición do curso “China no horizonte do S.XXI: Sociedade, cultura e política internacional”. Unha nova oportunidade para achegarse á lingua, á cultura e ás relacións internacionais da China contemporánea. As sesións desenvolveranse os mércores de outubro na Facultade de Humanidades e Documentación da UDC. Aberto á comunidade universitaria e á cidadanía en xeral. As prazas son limitadas!