# Cedeira celebra a VI edición de “Tapas de Outono” con nove locais e sorteos de cea para dúas persoas

Episodio de [Voces de Ferrol - RadioVoz](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz).

- Publicado: 24 de octubre de 2025
- Duración: 9 min
- Audio: https://www.ivoox.com/cedeira-celebra-a-vi-edicion-tapas-de_mf_161251433_feed_1.mp3
- Página: https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3598068-cedeira-celebra-a-vi-edicion-de-tapas-de-outono-con-nove-locais-e-sorteos-de-cea

## Sobre este episodio

Cedeira acollerá dende esta noite ao domingo 26 a sexta edición do certame gastronómico “Tapas de Outono”, que reunirá a nove establecementos locais: Finca Nogueira, Taberna Praza do Peixe, Hotel Os Cantís, Gastrobar O Amanexo, A Tenda do Jojó, Bon Pé Taberna, Mesón O Mesón, Cervexería Caña Aquí e Restaurante Brisa. Cada local ofrecerá un petisco ao prezo de 3€, permitindo ao público descubrir e valorar o melloriño da súa cociña. Os asistentes poderán probar as tapas durante os servizos habituais de cociña e participar na elección da mellor tapa votando cunha tarxeta que debe cubrir cinco selos ou sinaturas dos establecementos visitados. As tres elaboracións favoritas recibirán tres, dous e un punto, respectivamente, e cada persoa poderá emitir unha única papeleta nas caixas dispoñibles. O local gañador será o que acumule máis puntos ou máis votos de tres puntos en caso de empate, sempre que supere os 50 puntos. Entre todas as tarxetas participantes sortearase unha cea para dúas persoas no establecemento vencedor, completando así unha proposta gastronómica e participativa que se consolida en Cedeira.

Anterior: [Moeche celebra este sábado a IX Feira das Fabas con degustacións, mercado, música e actividades familiares](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3598069-moeche-celebra-este-sabado-a-ix-feira-das-fabas-con-degustacions-mercado-musica)
Siguiente: [Ortigueira acolle o sábado o espectáculo “Zavala + Atalaias de Caión + Lume + Ferro” no Teatro Beneficencia](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/3598067-ortigueira-acolle-o-sabado-o-espectaculo-zavala-atalaias-de-caion-lume-ferro-no)

## Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

- [RUTAS SIN GPS: Esta semana Xan Ramírez nos lleva por el Rego de Graña y el río Covés, en Pontedeume](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018837-rutas-sin-gps-esta-semana-xan-ramirez-nos-lleva-por-el-rego-de-grana-y-el-rio-en) · 30 de octubre de 2026 · 19 min
- [Alex Bellas protagoniza esta semana Músicas de Ferrolterra con su pop-rock emocional. Hoy suena: Criminal](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018838-alex-bellas-protagoniza-esta-semana-musicas-de-ferrolterra-con-su-pop-rock-hoy) · 30 de octubre de 2026 · 11 min
- [El guitarrista ferrolano Carlos Campoy recurre al micromecenazgo para hacer realidad su nuevo álbum, "Echoes of Fantasy"](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018839-el-guitarrista-ferrolano-carlos-campoy-recurre-al-micromecenazgo-para-hacer-su) · 30 de octubre de 2026 · 17 min
- [Ferrol activa un dispositivo especial de tráfico en el acceso al cementerio de Catabois por Todos los Santos y Difuntos](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018840-ferrol-activa-un-dispositivo-especial-de-trafico-en-el-acceso-al-cementerio-de-y) · 30 de octubre de 2026 · 8 min
- [A ONG Briegal viaxa a Perú para culminar a creación dun equipo binacional de rescate en inundacións](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/voces-de-ferrol-radiovoz/episodio/147018841-a-ong-briegal-viaxa-a-peru-para-culminar-a-creacion-dun-equipo-binacional-de-en) · 30 de octubre de 2026 · 15 min
