Portada de Voces de Ferrol - RadioVoz

O alcalde de Pontedeume anuncia melloras urbanas, novos aparcadoiros e obras de saneamento e escola unitaria

· 14 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, ofreceu este venres infromación sobre os proxectos e investimentos do municipio. Fernández destacou a finalización das obras no entorno da praia de Centroña, que permitirán reabrir a zona ao baño tras os traballos de saneamento. Tamén informou sobre a rehabilitación da antiga escola unitaria de Vizús, cuxo prazo de licitación está aberto ata o 4 de febreiro, e que permitirá dispoñer dun local social adaptado ás necesidades da veciñanza. En materia de mobilidade, o rexedor explicou a adquisición de fincas para xerar máis de 100 prazas de aparcadoiro, compensando a eliminación de espazos noutras zonas como a Avenida do Ferrol e a Avenida da Coruña, así como a posibilidade de utilizar parcelas portuarias no futuro. Ademais, confirmou que se están ultimando os flecos do proxecto da nova ponte, co sistema de pilotaxe definido e negociación de prezos coa empresa, mentres persisten problemas de buratos que dificultan a circulación. O alcalde avanzou que o orzamento de 2026 será superior ao do ano pasado, priorizando servizos sociais e a planificación dun auditorio municipal, unha infraestrutura demandada historicamente pola localidade.

Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

  1. SECCIÓN TIC: Luis Rey ofrece consejos para proteger el móvil del frío, ahorrar en calefacción y mejorar el descanso

    2 de noviembre de 2026 · 12 min

  2. Ánxela Loureiro visita esta semana Músicas de Ferrolterra presentando o libro Cancións para o ano. Hoxe: A Silva no Chan

    2 de noviembre de 2026 · 14 min

  3. Cedeira abre a inscrición para 4 rutas gratuítas que descubrirán o patrimonio marítimo e a identidade mariñeira local

    2 de noviembre de 2026 · 12 min

  4. O Teatro Jofre estrea «A Culpa», un thriller de María Solar que une teatro e música en directo da Sinfónica de Galicia

    2 de noviembre de 2026 · 18 min

  5. Ferrol estrena una aplicación móvil para comunicar desperfectos en calles y mobiliario urbano y agilizar su reparación

    2 de noviembre de 2026 · 10 min