Portada de Voces de Ferrol - RadioVoz

Moeche reúne comunidades enerxéticas galegas para compartir solucións e reducir custos

· 14 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

Moeche acolleu o primeiro encontro de comunidades enerxéticas de Galicia, un foro que reuniu seis comunidades xa en marcha e outras tres en fase de xestación co obxectivo de impulsar a colaboración e facilitar o desenvolvemento de proxectos de produción e consumo de enerxía renovable. O encontro celebrouse no marco de Redenerxía, un proxecto de cooperación no que participan catro Grupos de Desenvolvemento Rural: Seitura 22, Terra Chá, Terras de Miranda e Ulla-Tambre-Mandeo. Durante a xornada analizáronse os principais obstáculos para poñer en marcha estas iniciativas, especialmente os trámites burocráticos e o elevado custo dos seguros. As comunidades participantes tamén estudaron fórmulas de compras compartidas de electricidade, placas solares ou baterías. Como primeiro acordo, decidiron negociar conxuntamente as pólizas de seguro para intentar conseguir mellores condicións e reducir custos. Redenerxía manterá ata finais de 2027 o acompañamento técnico, xurídico e administrativo gratuíto ás comunidades existentes e apoiará a creación de novas iniciativas de enerxía comunitaria.

Últimos episodios de Voces de Ferrol - RadioVoz

  1. RUTAS SIN GPS: Esta semana Xan Ramírez nos lleva por el Rego de Graña y el río Covés, en Pontedeume

    30 de octubre de 2026 · 19 min

  2. Alex Bellas protagoniza esta semana Músicas de Ferrolterra con su pop-rock emocional. Hoy suena: Criminal

    30 de octubre de 2026 · 11 min

  3. El guitarrista ferrolano Carlos Campoy recurre al micromecenazgo para hacer realidad su nuevo álbum, "Echoes of Fantasy"

    30 de octubre de 2026 · 17 min

  4. Ferrol activa un dispositivo especial de tráfico en el acceso al cementerio de Catabois por Todos los Santos y Difuntos

    30 de octubre de 2026 · 8 min

  5. A ONG Briegal viaxa a Perú para culminar a creación dun equipo binacional de rescate en inundacións

    30 de octubre de 2026 · 15 min