Canido acolle a exposición «Letras galegas para a eternidade», sobre os epitafios en galego da Costa Ártabra
Sobre este episodio
O centro cívico de Canido inaugura esta tarde, ás 19:00 horas, a exposición «Letras galegas para a eternidade. Epitafios da Costa Ártabra», que convida a reflexionar sobre a morte, o recordo e a presenza do galego na memoria funeraria. A comisaria, Raquel Santiago, explicou en Radio Voz que o traballo de campo levou a visitar case 50 cemiterios de Ferrolterra. A mostra, froito do proxecto Palabra e Memoria, que coordina Bernardo Penabade, reúne desde poemas de Pérez Parallé e Rosalía de Castro ata mensaxes anónimas e humorísticas. Penabade subliñou que non hai que ter medo: é «un canto á vida», e a inauguración celébrase cunha festa de Samaín.