# Radio Líder leva o programa Fala que Fala ao IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos 26 01 2

Episodio de [Radio Líder](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/radio-lider), de RadioLider.

- Publicado: 26 de enero de 2026
- Duración: 1 h 44 min
- Audio: https://www.ivoox.com/radio-lider-leva-o-programa-fala-fala_mf_167320174_feed_1.mp3
- Página: https://escuchario.semeescucha.es/podcast/radio-lider/episodio/3855485-radio-lider-leva-o-programa-fala-que-fala-ao-ies-francisco-davina-rey-de-de-26-2

## Sobre este episodio

Radio Líder leva o programa Fala que Fala ao IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos Tras pasar polo IES Luis Seoane de Pontevedra e polo CPI Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea (Ourense), Radio Líder emite este luns 26 de xaneiro a terceira edición do formato Fala que Fala desde o IES Francisco Daviña Rey, en Monforte de Lemos (Lugo). O programa, realizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, celebrarase de 10:00 a 12:00 horas cunha edición especial chea de música, humor, entrevistas, divertidos xogos e unha destacada participación do alumnado. Durante dúas horas, o centro educativo converterase nun auténtico punto de encontro para a celebración da lingua galega, cunha programación dinámica e participativa que terá o galego como fío condutor dunha mañá pensada para gozar, compartir e poñer en valor o noso idioma. Ademais, a invitada de honra desta edición será a artista plástica Ana Isabel Álvarez Goyanes, natural de Pantón e cunha sólida traxectoria artística e docente, que compartirá coa comunidade educativa a súa experiencia creativa e o seu vínculo coa cultura e a lingua galega. Fala que Fala continúa así o seu percorrido por distintos puntos de Galicia, consolidándose como un proxecto de referencia na promoción e no prestixio do galego entre a xente nova. O evento conta coa colaboración de Seguridade A1, Daveiga e Dezasete Media.

Anterior: [Entrevista del día a Miguel Corgos López-Prado 26 01 26](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/radio-lider/episodio/3855486-entrevista-del-dia-a-miguel-corgos-lopez-prado-26-01-26)
Siguiente: [Verónica García-Gesto de Psicopedagoga y Coach 26 01 26](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/radio-lider/episodio/3855484-veronica-garcia-gesto-de-psicopedagoga-y-coach-26-01-26)

## Últimos episodios de Radio Líder

- [Lider express 30 10 26](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/radio-lider/episodio/147017703-lider-express-30-10-26) · 30 de octubre de 2026 · 30 min
- [LAS NOVEDADES DEL MOTOR 30 10 26](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/radio-lider/episodio/147017704-las-novedades-del-motor-30-10-26) · 30 de octubre de 2026 · 1 h 02 min
- [Entrevista a a Loreto Pérez Sánchez, una de las integrantes de la asociación Bolboretas A Coruña Dragon Boat BCS](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/radio-lider/episodio/147017705-entrevista-a-a-loreto-perez-sanchez-una-de-las-integrantes-de-la-asociacion-a) · 30 de octubre de 2026 · 20 min
- [Entrevista a Alberto Cortizas Rejo alcalde de monfero 30 10 26](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/radio-lider/episodio/147016271-entrevista-a-alberto-cortizas-rejo-alcalde-de-monfero-30-10-26) · 30 de octubre de 2026 · 14 min
- [El Instituto de la Sordera audias 30 10 26](https://escuchario.semeescucha.es/podcast/radio-lider/episodio/147015302-el-instituto-de-la-sordera-audias-30-10-26) · 30 de octubre de 2026 · 29 min
