Portada de Radio Líder

Fala que Fala desde o IES Castelao, en Vigo 11 03 26

· 1 h 45 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

Tras pasar polo IES Luis Seoane de Pontevedra, o CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea, o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos e o IES Cacheiras en Teo, Radio Líder emite este mércores 11 de marzo a quinta edición do formato Fala que Fala desde o IES Castelao, en Vigo. O programa, realizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, desenvolverase entre as 10:00 e as 12:00 horas nunha edición especial cargada de música, humor, entrevistas, xogos e unha destacada participación do alumnado. Durante dúas horas, o centro educativo converterase nun espazo de encontro para a celebración da lingua galega, cunha programación dinámica e participativa que terá o galego como fío condutor dunha mañá pensada para gozar, compartir e poñer en valor o noso idioma. O convidado de honra desta edición será o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que participará nunha das entrevistas do programa que realizará parte do alumnado. Fala que Fala continúa así o seu percorrido por distintos puntos de Galicia, consolidándose como un proxecto de referencia na promoción e no prestixio do galego entre a xente nova. O evento conta coa colaboración de Seguridade A1, Daveiga e Dezasete Media.

Últimos episodios de Radio Líder

  1. AL DIA 02 11 26

    2 de noviembre de 2026 · 1 h 02 min

  2. Lider express 02 11 26

    2 de noviembre de 2026 · 32 min

  3. Agenda cultural 02 11 26

    2 de noviembre de 2026 · 10 min

  4. AL DÍA 30 10 26

    2 de noviembre de 2026 · 1 h 01 min

  5. MATINAL LÍDER 02 11 26

    2 de noviembre de 2026 · 1 h 43 min