Portada de Radio Líder

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada 05 05 26

· 1 h 46 min

Nadie ha valorado este episodio todavía Tu nota:

Sobre este episodio

A oitava e última edición da tempada de “Fala que Fala”, o formato radiofónico de Radio Líder que se ten consolidado como unha referencia entre a mocidade, chega a Santiago de Compostela este martes 5 de maio. O programa emitirase en directo desde o CPR San Xosé de Cluny, entre as 10:00 e as 12:00 horas, nunha edición especial cargada de música, humor, entrevistas e xogos, cun papel protagonista para o alumnado do centro. A iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, busca fomentar o uso do galego dun xeito dinámico e participativo. Tras percorrer distintos centros educativos de Galicia —desde Pontevedra ata Monforte de Lemos, pasando por Cea, Teo, Friol, Vigo ou Ribadavia—, o proxecto chega ao seu peche de tempada reafirmando o seu impacto na difusión e prestixio do idioma. Nesta última edición contará coa presenza destacada de Xosé Luís Regueira Fernández, catedrático da área de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e presidente do Instituto da Lingua Galega. O experto será entrevistado polo propio alumnado nun dos momentos máis destacados do programa. Membro numerario da Real Academia Galega desde 2012, Regueira achegará a súa visión sobre a situación actual e os retos de futuro da lingua galega. O evento conta coa colaboración de Seguridade A1, Daveiga e Dezasete Media.

Últimos episodios de Radio Líder

  1. Lider express 30 10 26

    30 de octubre de 2026 · 30 min

  2. LAS NOVEDADES DEL MOTOR 30 10 26

    30 de octubre de 2026 · 1 h 02 min

  3. Entrevista a a Loreto Pérez Sánchez, una de las integrantes de la asociación Bolboretas A Coruña Dragon Boat BCS

    30 de octubre de 2026 · 20 min

  4. Entrevista a Alberto Cortizas Rejo alcalde de monfero 30 10 26

    30 de octubre de 2026 · 14 min

  5. El Instituto de la Sordera audias 30 10 26

    30 de octubre de 2026 · 29 min