"Máis talento, menos cemento" en Barreiros.
Sobre este episodio
É unha plataforma de veciños e veciñas de Barreiros que nace para denunciar o caos urbanístico que sufre a costa de Lugo e crear o debate sobre outras formas de desenvolvemento social e económico do litoral, non baseadas na especulación, nin na ocupación irracional do territorio. O primeiro dos seus actos públicos congregou a unhas 500 persoas en San Miguel de Reinante.