Atrancos para a xustiza ambiental. Reforma legal
Sobre este episodio
O Estado vén de aprobar unha reforma da lei procedemental xudicial na que se intenta axilizar a Xustiza, aínda que o que se consegue é poñer atrancos á defensa dos intereses comúns. Así o expón Ecologistas en Acción que asegura que esta reforma prexudica sobre todo as entidades ecoloxistas que acuden á Xustiza para evitar os abusos da Administración sobre o colectivo social.